O Concello de Boqueixón, a través do Servizo de Prevención de Drogodependencias, está a desenvolver este mes de novembro un Obradoiro de Prevención do consumo de drogas co alumnado de 2º E.S.O do C.P.I Antonio Orza Couto. A través desta actividade, realizada coa colaboración coa Consellería de Sanidade, infórmase sobre os diferentes tipos de drogas, os seus efectos e consecuencias e proporciónanse habilidades para resistir a presión de grupo, que en moitos casos é o principal motivo de iniciación no consumo.
O obxectivo desta iniciativa é retrasar a idade de inicio no consumo de sustancias promovendo á adopción de estilos de vida saudables, potenciando factores de protección e reducindo o impacto dos factores de risco asociado ao consumo.
O programa de prevención no ámbito escolar inclúe tamén un Obradoiro de Habilidades Sociais destinado a 6º de primaria, así mesmo realizaranse actividades de reforzo de habilidades en 1º E.S.O coa finalidade de afianzar o traballado no ano anterior.
- Categoría (s): Boqueixon
- Publicada o
Actividades de Prevención de Drogodependencias en Boqueixón
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir