O venres día 20 de novembro, a partires das 19.30h na Casa da Cultura de Camporrapado (Boqueixón), terán lugar unhas charlas informativas sobre Xestión Directiva de Entidades sen Ánimo de Lucro , dirixidas a todo tipo de asociacións: culturais, deportivas, veciñais, educativas, festivas, profesionais, etc… pertencentes a este Concello.
Analizaranse aspectos básicos que afectan a este tipo de Entidades como poden ser: obrigas contables e fiscais, xestión de subvencións e captación de fondos, recursos humáns e voluntariado ou a Lei Orgánica de Protección de Datos .
+información e inscrición no Departamento de Cultura 981 513115