Este sábado 14 de novembro, un grupo de 30 mozos/as de Boqueixón entre 14 e 18 anos recibiron de mans do alcalde Ovidio Rodeiro Tato, os diplomas que acreditan a súa participación nas estadía/visitas empresas da comarca mediante o programa da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Estas estadías permitíronlle á mocidade coñecer a realidade dunha profesión, poder responder a cuestións tales como: “Necesito planificar o miña traxectoria profesional e non sei que estudar!” “Teño moi poucas ideas sobre as ocupacións nas que podo encaixar!”, que son difíciles de resolver para moitos mozos e mozas, e que tampouco son indiferentes para os pais.
As opinións foron unánimes, resultados moi positivos e experiencias moi produtivas que axudaron a definir as expectativas de futuro dos nosos rapaces.
Resulta moi importante reseñar as empresas que prestaron a súa colaboración co proxecto: Piccadilly School of English S.L (Santiago), Clínica Dental Cristina Pampin (Boqueixón), Cocoescola SL (Santiago), Talleres A Silveira (Boqueixón), PAC Veterinario San Lázaro (Santiago), Asociación Pura Raza Cabalo Galego (Boqueixón), Farmacia de O Forte (Boqueixón), Santos, Cocina y Baño, S.L (Boqueixón), Compostela Digital SL (Santiago), Ximnasio Wellnes Sport (Teo), Clínica dental Lamela y Rey (Santiago), Residencia Santa Olalla de Codeso (Boqueixón).
- Categoría (s): Boqueixon
- Publicada o
A mocidade de Boqueixón diplómase co programa “Deseñando o teu futuro”
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir