BASES CONCESIÓN AXUDAS PARA CURSAR ESTUDOS UNIVERSITARIOS DE MEDICINA E / OU VETERINARIA.
1. OBXECTO.
Convócanse axudas para a realización de estudos universitarios de medicina/ veterinaria durante o curso académico 2015 – 2016.
2. IMPORTE DAS AXUDAS
O importe para a concesión de ditas axudas, previsto no plan anual da Fundación, para o curso 2015-2016, ascende a 1.573,60 €, podendo variar en función dos rendementos netos, pero nunca será inferior ao 80% dos mesmos tal como sinalan os estatutos da Fundación no seu artigo 27.1.
3. BENEFICIARIOS
Serán beneficiarios destas axudas os estudantes pertencentes a calquera parroquia do Concello de Boqueixón, e que figuren empadroados a data de aprobación desta convocatoria polo Padroado da Fundación con unha antigüidade mínima dun ano.
Terán preferencia en igualdade de condicións os estudantes que pertenzan á parroquia de Ledesma ou/e que obtiveran ditas axudas no curso 2014-2015.
4. PRAZO DE SOLICITUDES, LUGAR E DOCUMENTACIÓN
As axudas poderán solicitarse mediante modelo que figura como anexo a esta convocatoria.
O prazo de presentación de solicitudes será dende o 18 de novembro ata o 18 de decembro de 2015, ámbolos dous inclusive.
O lugar de presentación das solicitudes será no rexistro xeral da Fundación Pedro Pérez Pérez, sito nas oficinas xerais do Concello de Boqueixón , no lugar do Forte.
As solicitudes irán dirixidas ó Presidente do padroado Don Ovidio Rodeiro Tato.
Ditas axudas poderán ser compatibles con calquera outra, a xuízo do padroado.
O padroado poderá solicitar informes a entidades ou persoas, públicas ou privadas, ou calquera outra documentación complementaria, acreditativa da situación dos solicitantes.
Documentos que deberán xuntarse á solicitude:
a) Copia do DNI do solicitante.
b) Copia do libro de familia.
c) Copia da declaración da renda das persoas físicas ou solicitude de devolución do ano 2014, de tódolos membros que convivan no domicilio familiar.
d) Copia dos datos económicos que figuran na Axencia Estatal da Administración Tributaria do ano 2014, correspondentes ós membros computables que non presenten declaración da renda ou solicitude de devolución.
e) Xustificantes de ingresos das entidades pagadoras no caso de non estar obrigado a realiza-la declaración da renda do ano 2014.
f) Sentencia de separación de matrimonio, no seu caso.
g) Para alumnos que inicien estudios universitarios:
– Copia da tarxeta de selectividade (cotexada).
– Notas de segundo de bacharelato ou equivalente (cotexadas).
h) Para alumnos que continúen estudios universitarios:
– Certificación académica na que consten as cualificacións obtidas nas materias nas que estean matriculados no ano 2014 – 2015 (cotexada).
5. DURACIÓN
A duración da axuda será dun ano e poderá ser obxecto de renovación a xuízo do padroado, no caso de que persistan as condicións iniciais.
A renovación deberá solicitarse expresamente na seguinte convocatoria, tendo preferencia sobre os outros solicitantes. Os alumnos de renovación deberán presentar só aqueles documentos que modifican os datos respecto dos presentados no curso anterior: ingresos, cualificacións, etc.
6. CRITERIOS DE SELECCIÓN
Teranse en conta fundamentalmente os seguintes criterios:
a) Situación económica do solicitante
b) Traxectoria académica do solicitante
c) Existencia ou non doutras axudas
Para os estudantes que inicien estudos universitarios valorarase a nota global da selectividade e as cualificacións de segundo de bacharelato ou equivalente, se é o caso.
Para os estudantes que continúen estudios universitarios valoraranse as cualificacións obtidas no curso 2014 – 2015.
Os requisitos económicos que se valorarán serán tódolos ingresos da unidade familiar, entendendo por esta ós pais do solicitante, ós irmáns que vivan no mesmo domicilio e os ascendentes dos pais se viven con estes.
Tamén se terán en conta os bens patrimoniais que posúa a familia: urbanos, rústicos mobles, etc.
A adxudicación das axudas farase en virtude da maior puntuación total acadada polos candidatos.
7. COMISIÓN
A comisión informativa será a encargada de valora-las solicitudes e propoñer ó padroado os beneficiarios das axudas.
8. RESOLUCIÓN
A resolución das axudas efectuaranse polo padroado e publicarase no taboleiro de edictos do Concello de Boqueixón.
[attachments include=”7027″]
Adxuntos
- Modelo de solicitude (66 kB)
- Modelo de solicitude (66 kB)
- Modelo de solicitude (66 kB)
- Modelo de solicitude (66 kB)