O Concello de Boqueixón asina un convenio con UNICEF ESPAÑA co fin de colaborar no sucesivo para o desenvolvemento no municipio do enfoque do traballo “ALIA”, consistente en levar a cabo proxectos e accións que contribúan a fomentar a participación de toda a cidadanía, incluídos os nenos, nas políticas locais de infancia e adolescencia, construíndo así alianzas e redes de colaboración con diferentes sectores da sociedade a favor da infancia, conforme aos principios e normas da Convención sobre os Dereitos do Neno (Nacións Unidas, 1989).
A firma deste documento outorga ao Concello de Boqueixón a condición de “Municipio aliado do Programa Cidades Amigas da Infancia de UNICEF España”
O Departamento de Servizos Sociais, baixo a coordinación da educadora familiar, levará a cabo accións e actividades de difusión e sensibilización dándolle ós nenos a capacidade de expresar as súas opinións e de sentirse partícipes nun proxecto por e para eles no seu Concello.
Dentro destas accións destaca a celebración o día 20 de novembro ás 10:30 dun Pleno Infantil Conmemorativo, coincidindo co Día Internacional dos Dereitos d@s Nen@s, en que se contará coa participación do alumnado de 6º de Primaria do CPI Antonio Orza Couto.
- Categoría (s): Boqueixon, SERVICIOS SOCIAIS
- Publicada o
Convenio de Colaboración entre o Concello de Boqueixón e Unicef Comité Español
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir