O vindeiro 21 de novembro terá lugar o curso monográfico de DEFENSA PERSOAL FEMININA, unha formación que ten a finalidade de proporcionar ferramentas básicas para afrontar unha situación de agresión. Está destinado a todas aquelas mozas e mulleres interesadas que teñan ou superen os 14 anos de idade.
Con motivo do 25N, día Internacional contra a Violencia de Xénero, e co obxectivo fundamental de continuar coa loita pola igualdade, ademais deste curso póñense en marcha outras accións que forman parte dun programa de actividades dirixidas tanto á poboación infantil como á poboación adolescente e adulta. Dende o día 22 de outubro estase a realizar o Obradoiro de Prevención da Violencia de Xénero en Adolescentes, con 19 mozas e mozos de 4ºESO do C.P.I Antonio Orza Couto. Nas vindeiras semanas desenvolveranse actividades de igualdade cos nenos e nenas da Ocioteca e poñerase en marcha unha campaña de sensibilización sobre a violencia machista.
- Categoría (s): Boqueixon
- Publicada o
Curso monográfico DEFENSA PERSOAL FEMININA
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir