Este mércores 28 de outubro, presentouse a IV edición da Ruta de Tapas de Boqueixón na Cervexería O Vikingo de Lestedo, o gañador do Concurso de Tapas da edición anterior.
Nesta ocasión, e como ven sendo costume, os hostaleiros volcaron todo o seu bo facer e capacidad innovadora nas tapas que presentan a concurso, non é só manter o nivel acadado en edicións anteriores senón superalo, e con esa mentalidade van preparar dende o 1 ata o 8 de novembro e en horario de mañán e tarde (de 12:00h- 15:00h. e de 20:00h.- 22:30h), os mellores bocados gourmet.
Participan 12 locais de Boqueixón no proxecto: Café- Bar O Rincón de Tania, Café Bar O Nervioso, A Taberna d´San Benito, Restaurante O Balado, Café Bar Latino, Café Bar A Barreira, Taberna Záramo, Casa de Xantar Casa Castro, Restaurante Vente Vindo, Café Bar O´26, Café Bar O Rincón de Pepe e Cervexería O Vikingo; cun total de 14 tapas diferentes, prevese que nestes 8 días de festa se servirán 2.400 tapas polo reducido custo de 1,5€ cada tapa.
Esta ruta de tapas é unha exaltación dos produtos da zona: queixo de Bo-Queixo (D.O. Arzúa-Ulloa e D.O. Queixo de Tetilla), carnes e toda a “horta de Boqueixón”, destacando os grelos de Boqueixón, patacas, pementos, etc que estarán presentes nunhas tapas elaboradas mirando cara unha cociña tradicional pero que aposta por novas presentacións e formatos máis vangardistas, sempre utilizando produtos de tempada.
Coa Ruta organízase o Concurso á mellor tapa de Boqueixón 2015, coa finalidade de que este concurso e o proceso sexa o máis obxectivo e transparente posible, o xurado será popular, deste xeito, cando un participante deguste polo menos unha tapa en cada establecemento cubrindo a súa tarxeta con todos os selos dos locais, debe indicar na mesma tarxeta cal considera que é a mellor tapa da ruta. A Continuación, cos datos persoais cubertos introdúcese nas urnas dispostas nos establecementos hosteleiros. Ó remate das 8 xornadas gastronómicas, o establecemento gañador obterá o recoñecemento á “Mellor Tapa de Boqueixón 2015”, contemplándose tamén o segundo e terceiro máis votado como 2º e 3º clasificado.
De entre todas as tarxetas dos participantes recollidas das urnas, sortearase un vale por 120€ para canxear por unha comida/cea nun dos establecementos hosteleiros de Boqueixón.
Pódese descargar a tarxeta de participación na Ruta e no Concurso aquí:
Adxuntos
- Tríptico 4ª Ruta Tapas B (1) (2 MB)
- Tríptico 4ª Ruta Tapas (4) (2 MB)
- Tríptico 4ª Ruta Tapas (4) (2 MB)
- Tríptico 4ª Ruta Tapas (4) (2 MB)
- Tríptico 4ª Ruta Tapas (4) (2 MB)
- Tríptico 4ª Ruta Tapas B (1) (2 MB)
- Tríptico 4ª Ruta Tapas B (1) (2 MB)
- Tríptico 4ª Ruta Tapas B (1) (2 MB)