Cociñeiros do restaurante O Balado levarán a verdura máis enxebre a San Sebastián, a un showcooquin // O Concello alberga preto de cen agricultores cuxa colleita pode alcanzar as 60 toneladas // Destacan a diferencia co de outras zonas
A cociña de Roberto Filgueira e Marta Fernández, do restaurante O Balado de Boqueixón, porá en valor o grelo de Boqueixón coa preparación dun prato que levarán ata San Sebastián, onde se celebrará o vindeiro luns, día 26 de outubre, un showcooquin para promover a gastronomía galega.
O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, acompañou á parella onte na presentación do prato e agradeceu aos dous cociñeiros do Grupo Nove o seu esforzo por trasladar os sabores da terra ata outras cidades. “É necesario exaltar este produto, moi tradicional da zona e que sempre se vendeu a intermediarios, viaxando dende aquí a moitas cidades da xeografía galega. Hai anos os produtores locales acostumaban acudir á praza de abastos de Compostela ou mesmo mandaban a súa colleita en tren cara Madrid. A produción en Boqueixón pode chegar a alcanzar por tempada as sesenta toneladas e a súa venda está aumentando vertixinosamente, convertíndose nun produto gourmet moi demandado”, dixo Rodeiro.
Noticia do 23 de outubro de 2015 publicada en El Correo Gallego