RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA
Adxudicación definitiva de 4 porcos abandonados
Na Xunta de Goberno que tivo lugar o 1 de outubro de 2015 acordouse iniciar o expediente mediante poxa para o alleamento de 4 porcos abandonados. Cada porco pesa aproximadamente 20 quilos.
O anuncio saíu publicado na páxina web do concello, no taboleiro de edictos do concello así como no perfil do contratante o día 5 de outubro do 2015.
Durante o prazo de presentación de ofertas, presentáronse as seguintes:
Número de rexistro Data Nome do ofertante
15/1961 09/10/2015 J. G. T.G
15/1962 10/10/2015 J.M.S.T
15/1963 10/10/2015 J.M.F
15/1975 13/10/2015 M.C.N.R
15/1976 13/10/2015 R.B.A
Procédese coa apertura dos sobres que conteñen as ofertas económicas resultando o seguinte:
Nome do ofertante Oferta
J. G. T.G 26 €/1 porco
J.M.S.T 220 €/4 porcos
J.M.F 200 €/4 porcos
M.C.N.R 250 €/4 porcos
R.B.A 180 €/4 porcos
Tendo en conta que esta alcaldía delegou as súas competencias na Xunta de Goberno, no decreto do 29 de xuño do 2015, e que a vindeira Xunta de Goberno terá lugar o 22 de outubro do 2015, por circunstancias de índole económica
RESOLVO:
1. Avocar o coñecemento deste asunto
2. Adxudicar :
– A M.C.N.R., os catro porcos, no prezo de 250 Euros
3. Comunicar esta resolución á adxudicataria para que non prazo máximo de 5 días hábiles efectúe o ingreso correspondente na conta bancaria, aberta a nome do “Concello de Boqueixón”.
– Conta nº ES51 2080 – 0320 – 20 – 3110000344 – Abanca (Lestedo-Boqueixón)
E posteriormente proceder coa retirada dos porcos.
4. Comunicarlle, así mesmo, que serán por conta da adxudicataria todos os custos orixinados pola venda (custos de transporte e calquera outro que poida xurdir)
5. Comunicar esta resolución aos demais ofertantes.