Acercándose o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que ten lugar o 25 de novembro, o Centro de Información a Muller pón en marcha unha serie de iniciativas co obxectivo de continuar a loita contra este tipo de violencia. Por segundo ano consecutivo, e sabendo que a educación e a información son ferramentas potentes para traballar na súa prevención, desenvolverase durante os meses de outubro e novembro o Obradoiro para a prevención da violencia de xénero en adolescentes, dirixido ao alumnado de 4º E.S.O do C.P.I Antonio Orza Couto (O Forte).
O obxectivo principal do Obradoiro é sensibilizar á poboación adolescente da violencia de xénero, coa finalidade de crear sentimentos de rexeitamento cara a mesma. Daranse a coñecer as súas características, buscarase dermitificar crenzas erróneas, proporcionar espazos de reflexión e coñecer así mesmo as características dunha relación positiva.
- Categoría (s): Boqueixon
- Publicada o
Obradoiro para a prevención da violencia de xénero en adolescentes
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir