1 Entidade adxudicadora:
a. Organismo: Concello de Boqueixón
b. Obtención de documentación e información:
1 Servizo de Contratación
2 Enderezo: Forte s/n 15881 Boqueixón
3 Teléfono: 981 513061
4 Fax: 981 513000
5 correo electrónico: contratacion@boqueixon.es
6 Perfil do contratista: lab.mcapps.es
2 Obxecto do contrato
a Tipo: Subministro
b Descrición: Subministro de gasóleo A para os vehículos e maquinaria municipais e gasóleo C para os locais municipais.
c Lugar de execución : Concello de Boqueixón, Forte s/n 15881 Boqueixón
d Prazo de execución: A duración do contrato será de 1 ano con posibilidade de prórroga por 1 ano máis
e CPV( Referencia de nomenclatura): 09134000-7
3 Tramitación e procedemento:
a Tramitación: Ordinaria
b Procedemento: Aberto
c Criterios de adxudicación: Criterio único: factor prezo
4 Valor estimado do contrato: 101.000 euros
5 Presuposto base de licitación:A oferta económica ( ive excluído) consistirá na porcentaxe máis baixa de incremento sobre a marxe de explotación e comercialización por litro de combustible aplicado polo subministrador.
O prezo do litro de gasóleo A e C virá definido polos seguintes conceptos:
A – Prezo do produto en orixe
B- Impostos xerais que lle sexan de legal aplicación
C- Impostos especiais que lle sexan de legal aplicación
D- Marxe de explotación e comercialización
E- IVE (21%)
Deste xeito subministrador só ten opción a actuar sobre as marxes de explotación e comercialización, o prezo de valoración virá fixado pola menor porcentaxe de incremento sobres os conceptos a+b+c. Á suma destes conceptos hai que engadirlle o correspondente IVE.
A porcentaxe máxima da marxe de explotación e comercialización fíxase nun 7%.
Prezo final do gasóleo C/A: suma dos conceptos A+B+C+ marxe de explotación MÁXIMO 7% (%) + IVE (21%)
6 Garantías esixidas: Non se esixe nin provisional nin definitiva
7 Requisitos específicos do contratista:
Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: Será acreditada segundo se especifica no correspondente prego de cláusulas administrativas.
8 Presentación de ofertas:
Prazo para a presentación: 15 días naturais que se contarán a partires do día seguinte á publicación deste anuncio no BOP
Lugar de presentación: no Rexistro do Concello de Boqueixón
9 Apertura de ofertas: Será no salón de plenos do Concello de Boqueixón e indicarase no perfil do contratista ( lab.mcapps.es) a data e a hora de apertura. Tamén se comunicará ás empresas vía correo electrónico.
10 Gastos de publicidade:Serán por conta do adxudicatario
No BOP do día 7 de outubro de 2015, publicouse o anuncio da licitación, polo que a partires do día seguinte comeza a computar o prazo para a presentación das ofertas, remantando este o día 22 de outubro.
Adxuntos
- pregos gasoleo (570 kB)
- pregos gasoleo (570 kB)
- pregos gasoleo (570 kB)
- pregos gasoleo (570 kB)