Se tes entre 16 e 29 anos, non pares!!
Garantía Xuvenil é un programa dirixido a todos os que teñades entre 16 e 29 anos, a través do cal se pretende garantir a igualdade de oportunidades no mercado laboral. Tamén se busca ofrecervos experiencia laboral, formación ou cursos de idiomas e TIC.
Estes son os requisitos que debes cumprir se queres participar no programa:
- Ter nacionalidade española e estar empadroado en calquera localidade do territorio nacional español.
- Ter máis de 16 anos e menos de 30 no momento de solicitar a inscrición no Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
- Non ter traballado nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
- Non ter recibido accións educativas que impliquen máis de 40 horas mensuais nos 90 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
- Non ter recibido accións formativas que impliquen máis de 40 horas mensuais nos 30 días naturais anteriores á data de presentación da solicitude.
- Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolvan no marco da Garantía Xuvenil.
Qué medidas están a implementarse na nosa comunidade?
O programa de Garantía xuvenil en Galicia contempla un catálogo de medidas axustadas aos distintos perfiles de mozos e mozas entre 16 e 29 anos.
As medias vertébranse en torno a catro eixes principais:
-
Mellora da intermediación: Orientación laboral, información laboral e acompañamento, actuacións con axencias de colocación, etc.
-
Mellora da empregabilidade: Programas formativos, programas de adquisición de experiencia e prácticas non laborais en empresas.
-
Estímulos á contratación: Incentivos á contratación indefinida, á contratación temporal así como á transformación de contratos temporais en indefinidos compatibles coas bonificacións das cotizacións á Seguridade Social para as empresas que contraten a mozos e mozas inscritos no sistema nacional de Garantía Xuvenil.
-
Fomento do emprendemento: Entre as que se inclúen axudas para a creación do propio posto de traballo xa sexa de forma individual como traballadores ou traballadoras autónomas ou xa sexa de forma colectiva constituíndo cooperativas.
INSCRÍBETE XA!!
Poderás recibir máis información e formalizar a túa inscrición no Servizo de Información, Orientación e Prospección de Emprego do Concello de Boqueixón ou no 981513061.