O Centro de información á Muller do concello de Boqueixón, ten programado para o mes de novembro un curso de defensa persoal feminino, enfocado en técnicas adecuadas para que as mulleres poidan manexar situacións de violencia física.
Ensinaranse tamén recursos para a mellora da linguaxe corporal e previr situacións de risco.
O obxectivo fundamental é divertirse e aprender técnicas de defensa activa ante posibles agresións.
Inscribirse no Centro de Información á Muller do concello ou chamando o teléfono 981 513 061 , ata o 20 de outubro.
Horarios: a concretar en función das necesidades das usuarias