GaliciaLe, é unha plataforma de préstamo de libros electrónicos que ofrece dous catálogos, un de obras en galego e outro de obras en castelán, de temática diversa (ficción, informática, historia…). Para acceder ao servizo de préstamo a través de GaliciaLe só é preciso ser usuario/a con carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. A lectura (en streaming ou mediante descarga) pode facerse nos diferentes dispositivos compatibles: teléfono móbil, tableta, ordenador persoal ou lector de libro electrónico. Cada usuario/-a pode ter en préstamo un máximo de dous libros por catálogo, que estarán á súa disposición durante 21 días.
Para beneficiarte deste servizo debes facerte socio/-a da biblioteca municipal para o que precisamos os teus datos persoais, teléfono e unha conta de correo electrónico.
Adxuntos
- GaliciaLe logos (55 kB)
- GaliciaLe (36 kB)
- GaliciaLe (36 kB)
- GaliciaLe logos (55 kB)
- GaliciaLe logos (55 kB)
- GaliciaLe logos (55 kB)
- cartel (856 kB)
- cartel (856 kB)
- cartel (856 kB)
- cartel (856 kB)
- GaliciaLe (36 kB)
- GaliciaLe (36 kB)