Orde do 11 de setembro de 2015 pola que se regula o procedemento de concesión de axudas económicas ás familias numerosas de Galicia para estadías de fin de semana e se procede á súa convocatoria para o ano 2015. (DOG nº 179 do 18/09/2015) (Consellería de Traballo e Benestar)
Obxecto
Conceder de axudas económicas en modalidade de pagamento único para estadías de fin de semana nas estacións de montaña situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia destinadas ás familias numerosas que teñan a súa residencia en Galicia.
Tipo de axuda
As axudas convocadas teñen como finalidade sufragar parte dos gastos das ditas estadías e consisten nunha subvención de 35 € por persoa e estadía de fin de semana para os nenos e nenas de 12 anos ou máis e adultos, e en 37,5 € para os menores de 12 anos.
Persoas beneficiarias e requisitos
Poderán ser beneficiarias as familias numerosas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que, ademais dos requisitos do artigo 10 da Lei Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cumpran os seguintes:
- Que a persoa solicitante forme parte dunha unidade familiar considerada como numerosa, segundo o establecido no artigo 2 da Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas, e no artigo 10 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia.
- Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Que o título de familia numerosa estea en vigor na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
- Que a renda per cápita da unidade familiar non supere os 7.500 € anuais.
Prazo de presentación:Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG. Ata o 19 de outubro de 2015 (por ser o día 18 inhábil)
SOLICITUDES E MÁIS INFORMACIÓN: No Servizo Social do Concello Tfno.: 981 51 31 06.