A Orde do 31 de agosto de 2015 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2014 onde se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2015 e se amplía o prazo de presentación de solicitudes
BENEFICIARIOS: Aquelas persoas que teñan ó seu cargo fillas/os menores de tres anos á data 1 de xaneiro de 2015 (nados entre o 2/1/2012 e o 1/1/2015 incluídos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2013, nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do IRPF, correspondente a ese período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.
REQUISITOS: – Que as persoas proxenitoras teñan a súa residencia habitual en Galicia. – Que na data da solicitude as/os nenas/os convivan coa persoa solicitante. A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo, menor de tres anos, sen que a/o mesma/o filla/o poida dar lugar a máis dunha prestación en virtude desta convocatoria. A contía será a seguinte:
– Cando sexa a primeira filla ou fillo:360 euros
– Cando sexa a segunda filla ou fillo:1.200 euros
– Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos: 2.400 euros
PRAZOS PARA SOLICITAR: Ata o 7 de outubro do 2015 SOLICITUDES E MÁIS INFORMACIÓN: NO DEPARTAMENTO DE SERVICIOS SOCIAIS DO CONCELLO. TELÉFONO: 981 513106