A Orde do 25 de agosto de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2015/2016.
A contía abonada pola Consellería para cada alumno é de 50 €
BENEFICIARIOS
– Ser pai/nai ou titor de alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria ou educación especial
– Ter unha renda per capita familiar igual ou inferior de 5.400€
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:
– Copia libro de familia
– Declaración do imposto sobre a renda do ano 2013
PRAZOS PARA SOLICITAR:
Ata o 1 de outubro do 2015
SOLICITUDES E MÁIS INFORMACIÓN: NOS CENTROS ESCOLARES