A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, acompañada por Ovidio Rodeiro Tato, o alcalde de Boqueixón, visitou na xornada de onte a Cooperativa Leiteira Pico Sacro, en Boqueixón, que salientou a capacidade da cooperativa para xerar valor engadido no sector da comarca, pois é proveedora de leite de Queizuar (Queixerías Bama), situada en Touro.
A cooperativa ten 264 socios, dos que sesenta son produtores de leite. A súa actividade é a comercialización de leite (primeiro comprador) e a fabricación de pensos. Ofrece os servizos de veterinario, reprodución, alimentación, calidade de leite, certificación de explotacións, programa de seguridade alimentaria, axente de substitución (para que os titulares de explotacións agrarias poidan ter días de descanso ou vacacións) e tenda agraria.