O Concello de Boqueixón acaba de asinar convenios de colaboración con 14 empresas de Boqueixón, Santiago de Compostela e Teo para apoiar á mocidade do seu territorio a través do “Programa Deseñando o Teu Futuro” subvencionado a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar.
As empresas asinantes son Piccadilly School of English S.L (Santiago), Clínica Dental Cristina Pampin (Boqueixón), Cocoescola SL (Santiago), Talleres A Silveira (Boqueixón), PAC Veterinario San Lázaro (Santiago), Asociación Pura Raza Cabalo Galego (Boqueixón), Santos, Cocina y Baño, S.L (Boqueixón), Compostela Digital SL (Santiago), Aquafit Gestión, S.L. (Pontevedra, centro de traballo en Teo), Clínica dental Lamela y Rey (Santiago), Residencia Santa Olalla de Codeso (Boqueixón), Pensión Rústica Casa da Capilla (Vila de Cruces), Estudio Técnico Gallego, S.A (Santiago de Compostela), e unha empresa de Boqueixón vinculada ó sector sanitario.
O concello de Boqueixón plantexa esta acción a nivel local como un primer paso de apoio á mocidade e continuar coa posta en marcha doutras iniciativas de formación e emprego que axuden ó fomento da ocupacionalidade.
Con estas estadías-visitas 30 mozos/as de Boqueixón, con idades comprendidas entre 14 e 18 anos, que aínda non saben cal é a súa vocación laboral poderán descubrila a través do coñecemento das 15 profesións, ocupacións u oficios que demandaron os participantes.
Esta acción iniciouse a mediados do mes de xullo e tras as primeiras semanas de contacto os resultados están sendo moi positivos tanto para a mocidade como para as empresas. Durante a realización de ditas estadías que rondan entre 5 e 15 días, os mozos e mozas están titorizados e permanentemente acompañados por persoal do concello e das empresas.
Este proxecto proporciónalles á mocidade o primeiro contacto coa realidade socio-laboral do seu contorno, facilitándolles que adquiran unha experiencia que lles permita decidir a súa futura traxectoria formativa profesional.
Desde o concello agradécese públicamente ás empresas asinantes dos convenios o seu compromiso coa mocidade de Boqueixón.