O Congreso aprobou, de forma definitiva a ampliación da condición de familia numerosa, entrará en vigor aos 20 días da súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Isto suporá o mantemento do Título de Familia Numerosa, cos beneficios sociais asociados a mesmo, ata que el último do seus fillos cumpra a idade establecida na Lei (21 ou 26 anos si está estudando).
Esta medida terá efecto positivo sobre todas as familias que sexan numerosas, aínda que as primeiras beneficiarias serán as de tres fillos, sempre que o fillo maior cumpra en breve 21 anos ou 26 si está estudando. Ao cumprir esa idade, este fillo sairá do título, pero o resto da familia conservará a condición de numerosa, de maneira que os seus irmáns poderán acceder aos beneficios económicos e sociais, bolsas, descontos en transporte e matrículas universitarias, etc. e ter as mesmas oportunidades que o maior.
As familias que perderan, o título de familia numerosa ao longo do presente ano (desde o 1 de xaneiro) unicamente terán garantido o desconto en beneficios de materia educativa para este próximo curso, (matrículas/dereitos de exame).
MÁIS INFORMACIÓN: No departamento de Servizos Sociais do Concello ou ben chamar ó teléfono 981513106.