A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pon en marcha este verán un programa de voluntariado ambiental na área compostelá (Boqueixón,Vedra).
O programa desenvolverase en quendas de 5 días e está concibido como un campo de traballo, no que grupos de 6 persoas voluntarias xunto cun monitor realizarán diferentes actividades de sensibilización e información sobre a necesidade de coidado e preservación da masa forestal
O PROGRAMA INCLÚE:
1. Aloxamento e pensión completa nun albergue.
2. Programa de actividades e monitores.
3. Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
O desprazamento ata o punto de queda será por conta dos participantes.
ACTIVIDADES A REALIZAR
En canto ás actividades a realizar estas serán as seguintes:
• Formación teórico-práctica:
– Identificación dos distintos tipos de fumes en función do combustible.
– Como situar o fume e cómo dar un aviso correctamente aos servizos de extinción.
– Orientación con cartografía para poder situar un lume, cómo ler un mapa topográfico, cómo utilizar un compás…
– Como comportarse en caso dun accidente
– A actitude a adoptar en caso de situacións críticas
– Equipamento a levar ao monte
• Vixilancia estática.
Asesorados polo distrito forestal, intentarase cubrir as zonas de sombra das casetas forestais presentes na zona.
• Vixilancia disuasoria.
Realización de roteiros polas zonas onde, historicamente, hai maior incidencia de lumes. Interacción coa poboación local para informar da nosa labor e das diferentes limitacións sobre o uso de lume na tempada estival.
• Apoio loxístico ao distrito forestal
No caso de incendio forestal, o dispositivo de voluntariado poñerase a disposición do distrito forestal para:
– Servir de coche guía a cuadrillas de outros distritos.
– Levar avituallamento aos medios de extinción a lugares seguros.
– Facer bocadillos e camas en caso de campamentos provisionais.
– Informar aos condutores sobre a situación, e asesoralos sobre estradas seguras.
– Transporte de persoal de extinción.
– Apuntar matrículas de coches sospeitos.
• Colaboración con outras entidades locais con voluntariado ambiental
Entidades de custodia do territorio, asociacións ecoloxistas, concellos
• Visita a paraxes naturais con interese natural e paisaxísticoAs rutas escollidas dependerán de varios factores como: a capacidade física dos voluntarios, as condicións meteorolóxicas, o IRDI (Índice de Risco Diario de Incendio) e as directrices marcadas polo distrito forestal.
• Eliminación de vertedoiros incontrolados no monte
• Visita a centros de formación e investigación agraria e forestal
CONDICIÓNS XERAIS
Poderán participar no programa voluntarios e voluntarias maiores de idade ou ter cumpridos os 16 anos con autorización paterna, materna ou do titor . As persoas voluntarias que desexen participar, deberán ter en conta:
-A indumentaria que leven ten que ser axeitada ás actividades a realizar, e han de levar a súa propia roupa de cama (saco/sabas) e os seus utensilios persoais de aseo.
-Sería conveniente que os participantes levasen así mesmo un par de prismáticos.
Ao finalizar a súa participación neste programa de voluntariado ambiental, as persoas voluntarias obterán da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado acreditativo da acción voluntaria desenvolvida, que será inscrito como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.
DATAS:
20 a 24 de xullo
27 a 31 de xullo
03 a 07 de agosto
10 a 14 de agosto
Se estás interesada/o en participar preme a seguinte ligazón para facer a correspondente inscrición.