O vindeiro luns 13 de xullo no Centro de Intrepretación do Pico Sacro- Lestedo e en horario de 10:00h.- a 13:00h. vai celebrar unha Xornada sobre as “Potencialidades Empresariais no Camiño de Santiago” .
Esta xornada estará adicada a dar a coñecer e promocionar as potencialidades empresariais que xorden nas zonas polas que pasan os Camiños de Santiago. O Camiño de Santiago é un potente produto desestacionalidor do turismo, que permite o disfrute da experiencia turística en calquer época do ano e que ten unha gran capacidade de diferenciación.
O principal obxectivo desta xornada é escoitar experiencias empresariais exitosas noutros concellos e tratar a viabilidade das mesmas ou similares aplicadas ó noso territorio.
Para todo empresario ou novo emprendedor, todas estas características son importantes e é preciso que se teñan en conta á hora de crear unha empresa ou levar a cabo certas medidas de promoción dun negocio que esté nun dos Camiños ou preto deles.
O Camiño de Santiago convertíuse no eixe vertebrador da economía de moitas zonas de Galicia, e entorno a él ábrense moitas posibilidades de futuro laboral e económico nunha época chea de dificultades nestes terreos.