OS ALCALDES DE VEDRA E BOQUEIXÓN MANTEÑEN DÚAS REUNIÓNS DE IMPORTANCIA NA XUNTA DE GALICIA.
Os alcaldes de Vedra e Boqueixón, Carlos Martínez Carrillo e Ovidio Rodeiro Tato respectivamente mantiveron dúas reunións de importancia para ambos concellos.
En primeiro lugar con Don Tomás Fernández Couto, Secretario Xeral da Consellería do Medio Rural e do Mar para tratar conxuntamente os problemas do agro, do gando e do monte dos seus respectivos concellos.
Seguidamente foi a quenda de reunirse co Director Xeral de emerxencias, Don Luís Menor Pérez para nesta ocasión tratar de buscar posibles solucións aos problemas das emerxencias en Vedra e Boqueixón.