O alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, proponlle aos traballadores do concello manter un horario flexible, na liña co adoptado polos funcionarios da Xunta de Galicia en 2014. Deste xeito, os traballadores municipais terían, como norma xeral, unha parte fixa de presenza no concello de 9 a 14:30 e unha parte flexible, que se faría entre as oito da mañá e as oito da tarde de luns a venres e os sábados de 10 a 13 horas.
Para Ovidio Rodeiro, deste xeito garantirase un horario homologado ao de outras administracións, de 37 horas e media á semana, ao tempo que se respecta a conciliación da vida familiar e laboral dos empregados públicos. Con este horario común tamén se solucionarían os problema de comparacións entre os diferentes horarios que teñen na actualidade os traballadores.
Na Estratexia Boqueixón 2020, o documento que sirve de base para a actual acción de goberno, sinálase que unha das primeiras medidas é a de acometer unha reforma racional do concello, cun novo modelo de xestión que siga os principios de eficacia e transparencia. A alcalde destaca que “con este horario poderase prestar máis horas de atención ao veciños e veciñas, xa que se incrementaría a presenza efectiva dos funcionarios nos seus postos de traballo”.
De todos os xeitos, dependendo das característica do posto, o alcalde non descarta que se teña que adaptar o horario dalgún dos traballadores ás necesidades do servizo público, xa que en departamentos como cultura, deportes ou protección civil contan con actividades fóra deste horario que se propón como común para os funcionarios municipais