ANUNCIO
LIMPEZA E CORTA DE ARBOREDO EN PARCELA
En cumprimento do establecido no artigo 59.5 da Lei 30/92, do 26 de novembro, reguladora do réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, ponse en coñecemento dos herdeiros de don Jesús López Neira que na Xunta de Goberno Local que tivo lugar o día 7 de maio de 2015 adoptouse o seguinte acordo:
1. Requirir os propietarios da leira número 575, polígono 47, herdeiros de don Jesús López Neira, para que procedan en prazo de 15 días naturais a executar os traballos de corta de piñeiros e carballetes, ata gardar unha distancia de 30 metros perimetrais (no caso dos piñeiros), 15 metros perimetrais (no caso dos carballetes) e unha distancia de 50 metros perimetrais libres de maleza respecto da vivenda de don Manuel Rodríguez Rey.
2. En caso contrario o concello terá facultade para proceder coa realización de execución subsidiaria ou ben forzosa dos citados traballos, repercutíndolle o custo ás persoas obrigadas.
3. Dar trámite de audiencia ós citados propietarios para que en prazo de 10 días hábiles formulen alegacións ou presenten documentación oportuna.