Segundo publicación do IMSERSO, está aberto o prazo de solicitudes de prazas para poder participar no PROGRAMA TURISMO DO IMSERSO TEMPADA 2015/2016
Todas aquelas persoas que desexen viaxar polo IMSERSO, deberán pasar polo Departamento de Servizos Sociais, (vindo provistos de DNI) e asinar a correspondente solicitude.
PODERÁN SOLICITAR:
1. Maiores de 65 anos ou pensionistas de xubilación ou outros pensionistas do Sistema
Público con 60 anos cumpridos.
2. Ser pensionista de viudedade con idade igual ou superior aos 55 anos.
3. Admítense como acompañantes:
– O cónxuxe
– Tamén poderán participar os fillos discapacitados que teñan unha minusvalía mínima do 45% sempre e cando a minusvalía lles permita viaxar e o fagan acompañados dos pais compartindo con eles habitación.
PRAZO PARA SOLICITAR : Ata o 05 de xuño de 2015
En lista de espera ata decembro
SOLICITUDES E MÁIS INFORMACIÓN : Servizo Social do Concello Teléfono 981 51 31 06