Cada ano dende o Centro de Información á Muller implicamos á poboación infantil na celebración do día Internacional da Muller, nesta ocasión con unha actividade que compaxina a procura de información e a creatividade: “Mulleres da historia, mulleres con historia”. Os rapaces e as rapazas participantes deberán elaborar carteis sobre mulleres que eles consideren importantes, desta forma haberá tantos carteis como participantes, e en cada un deles recollerase información sobre unha personaxe feminina. O resultado deste traballo, como cada ano, expoñerase na Casa do Concello, e será esta a particular homenaxe que Boqueixón brinde a todas as mulleres, lembrando a importancia de loitar pola igualdade entre homes e mulleres.