A Secretaría Xeral da Igualdade está a organizar a XIII Xornada galega de nais e pais. Educando en igualdade: “Estratexias lúdicas en Igualdade. Uso sen abuso de videoxogos e smartphones para as nais e pais e as súas fillas e fillos (entre 9 e 13 anos) e que ten como obxectivo abordar a problemática do sexismo nos videoxogos e teléfonos intelixentes así como evitar o seu uso abusivo.
Dada a capacidade limitada a admisión é por rigorosa orde de inscrición.
As solicitudes debidamente cubertas deberán remitirse por correo electrónico antes do 19 de febreiro de 2015 a: Secretaría da XIII Xornada de Nais e Pais Educando en Igualdade.
O formulario de inscrición nas xornadas atópase disponible na páxina web http://xornadas.igualdade.xunta.es/. Teléfono: 981 520 090.
Tamén se pode obter poñéndose en contacto co CIM de Boqueixón, no teléfono: 981 513 061 ou a través do correo eléctronico cim@lab.mcapps.es.