Adhesión do Concello ao “Punto xeral de entrada de facturas electrónicas do Estado (FACe)
O Pleno da Corporación, na sesión de data 26 de novembro de 2014, acordou a adhesión do Concello de Boqueixón á plataforma electrónica “FACe – Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas” da Secretaría de Estado de Administracións Públicas, do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, prevista na Lei 25/2013, do 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no Sector Público e na Orde Ministerial HAP/1074/2014, do 24 de xuño, pola que se regulan as condicións técnicas e funcionais que debe reunir o Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas, coa seguinte estrutura administrativa:
• Código oficina contable: L01150124
• Código órgano xestor: L01150124
• Código unidade de tramitación: L01150124
Nas Bases de Execución do Orzamento 2015, contempla que queda excluíndo da obriga de facturar electrónicamente ao Concello de Boqueixón as facturas de ata un importe de 5.000,00 €, impostos incluídos, en virtude parágrafo segundo do artigo 4 da Lei 25/2013, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e a creación do rexistro contable de facturas no Sector Público.
O que se fai público para xeral coñecemento en cumprimento do disposto na da 6ª da citada Lei 25/2013.
Recordar que as facturas presentadas deberán conter os seguintes datos:
- Identificación do expedidor,e particularmente o NIF ou CIF.
- Servizo ou departamento municipal que fixo o encargo.
- Nº factura
- Data de expedición
- Traballos ou suministros que se facturan.
- Prezo unitario ou total, en todo caso, coa descomposición dos servizos prestados.
- Impostos que procedan.
- En caso de coñecelo, número de expediente.