Formalización do contrato
No BOP núm. 79 do día 29 de abril publicouse o anuncio da formalización do contrato que asinou esta entidade o día 21/04/201, coa empresa Atendo Calidade, SL.
______________________________________________________________________________________________________________
Actas da mesa de contratación dos días 26 de febreiro ( apertura dos sobres B – Referencias Técnicas) e 13 de marzo ( apertura dos sobres C-Ofertas económicas)
[attachments docid=”5571,5570″]
__________________________________________________________________________________________________________________
A mesa de contratación, tal e como se acordou na anterior sesión, reunirase o día 19 de marzo ás 13.00 h no salón de plenos do concello para facer a proposta de adxudicación do contrato ó órgano de contratación.
__________________________________________________________________________________________________________________
O vindeiro venres día 13 de marzo ás 12.00 horas, reunirase a Mesa de Contratación para proceder coa apertura dos sobres C de Ofertas Económicas.
__________________________________________________________________________________________________________________
Por renuncia dun dos compoñentes do comité de expertos, nomeouse sustituta por resolución da alcaldía ditada o día 24 de febreiro, quedando o comité de expertos formado polas seguintes persoas:
Dª Mónica Rodríguez Palacio, Traballadora Social Colex. nº 752
Dª Virginia Amor Carballido, Traballadora Social Colex. nº 2046
Dª Inés Currais Recarey, Traballadora Social Colex. nº 2663
[attachments docid=”5384″]
___________________________________________________________________________________________________________________
CONVOCATORIA MESA DE CONTRATACIÓN
O vindeiro día 26 de febreiro reunirase a mesa de contratación no salón de plenos deste concello, ás 9.30 h da mañá, coa finalidade de abrir os sobres B de Referencias Técnicas, das ofertas presentadas no concurso de axuda no fogar.
___________________________________________________________________________________________________________________
Para dar cumprimento á cláusula 14 de prego de cláusulas aprobado para esta licitación, a Xunta de Goberno na sesión realizada o día 29 de xaneiro nomea o comité de expertos que valorará os criterios que dependan dun xuízo de valor, e que estará formado polas seguintes persoas:
Mónica Rodríguez Palacio, Traballadora Social Colex. n 752
Virginia Amor Carballido, Traballadora Social Colex. n 2046
Lucía Carballeira Vieites, Traballadora Social Colex. n 1813
[attachments docid=”5218″]
___________________________________________________________________________________________________________________
O día 21 de xaneiro sae publicado no xornal El Correo Gallego o anuncio da licitación do servizo de axuda a domicilio, onde se recorda que a data de finalización do prazo para a presentación de ofertas remata o día 4 de febreiro ás 14.00 horas.
___________________________________________________________________________________________________________________
No BOP núm. 12 do día 20 de xaneiro sae publicado o anuncio correspondente a esta contratación. O prazo para a presentación das ofertas comeza o día 21 de xaneiro e remata o día 4 de febreiro.
___________________________________________________________________________________________________________________
1 ENTIDADE ADXUDICATARIA :
a) Organismo: Concello de Boqueixón.
b) Domicilio: O Forte – Boqueixón.
c) Tel: 981 513 061
d) Fax : 981 513 000
e) Correo electrónico : lab.mcapps.es
2 OBXECTO DO CONTRATO:
Servizo de axuda no fogar.
3 DURACIÓN DO CONTRATO :
A duración do contrato será de 1 ano dende a data do inicio da actividade podendo ser prorrogado por outro, mediante acordo do órgano de contratación, que resultará obrigatorio para o contratista de acordo co establecido no artigo 23 do TRLCSP.
4 TRAMITACIÓN E PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN :
a) Tramitación: ordinaria
b) Procedemento: aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación.
c) Criterios de adxudicación :
a) Criterios avaliables de forma automática: máximo de 20 puntos.
· Prestacións específicas complementarias, ata un máximo de 12 puntos.
· Servizo de transporte adaptado, ata un máximo de 8 puntos.
b) Criterios que dependen dun xuízo de valor: Estes criterios non son avaliables de xeito automático, senón que serán valorados polo comité de expertos, ata un máximo de 80 puntos:
· Proxecto técnico de desenvolvemento do servizo: de 0 a 50 puntos.
· Melloras: de 0 a 30 puntos.
· Outras melloras, diferentes ás relacionadas nos apartados anteriores:de 0 a 5 puntos.
5 PRESUPOSTO BASE DE LICITACIÓN
Os prezos unitarios máximos, polos que se facturará o servizo serán os seguintes:
Prezo ordinario de licitación do Servizo de Axuda no Fogar de prestación básica e dependencia, que corresponde ás horas realizadas os días laborables e sábados pola mañá, 13,48 €/hora, IVE excluído.
Prezo extraordinario de licitación do Servizo de Axuda no Fogar de prestación básica e dependencia, que corresponde ás horas realizadas ao sábado pola tarde, domingos e festivos, 14,25 €/hora, IVE excluído.
Os licitadores formularán as súas proposicións especificando o prezo ordinario e extraordinario, de acordo co anexo I, indicando como partida independente o imposto sobre o valor engadido.
Entenderase que as ofertas dos licitadores inclúen os tributos que sexan de aplicación de acordo coa lexislación vixente.
6 GARANTÍA PROVISIONAL :
Non se esixe.
7 GARANTIA DEFINITIVA :
5 % do prezo de adxudicación, IVE excluído.
8 PRESENTACIÓN DE OFERTAS
a) Data límite de presentación: en horario de 9.00 a 14.00 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ao da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP, perfil contratista e no xornal El Correo Gallego
b) Presentaranse en tres sobres pechados :
SOBRE A : subtitulado “ Documentación”, conterá a documentación esixida na cláusula 11 do prego.
SOBRE B: subtitulado “ Referencias técnicas ”, conterá a documentación esixida na cláusula 11 do prego.
SOBRE C : subtitulado “ Oferta Económica ”, conterá a proposición económica axustada ao modelo que figura no ANEXO II.
9 APERTURA DE OFERTAS
A apertura das propostas realizarase no prazo dun mes dende o remate do prazo de presentación de proposicións.
Previamente, a mesa abrirá os sobres A ( Documentación) para a cualificación da documentación administrativa.
Nunha data posterior, abriranse os sobres B de Referencias Técnicas para facer entrega do documentación ós membros do comité de expertos, e nesta mesma xa se fixará a data para a realización da seguinte mesa onde se abrirán os sobres C de Oferta Económica.
Todas as datas serán comunicadas no perfil do contratista.
10 INFORMACIÓN
No teléfono 981 513 061 e na páxina web do concello : lab.mcapps.es
11 GASTOS DO ANUNCIO :
Os gastos correspondentes aos anuncios de licitación serán por conta do adxudicatario.
Información adicional:
Comunícase a efectos de que se teña en conta como información anexa á cláusula 6 dos pregos de cláusulas administrativas que rexen a contratación deste servizo, que a partires do día 15 de xaneiro, entrou en vigor o art. 4 da Lei 25/2013 de, de 27 de decembro, de impulso da factura electrónica e creación do rexistro contable de facturas no sector público.
[attachments docid=”5168,5133″]
Adxuntos
- Prego condicións técnicas (147 kB)
- Prego de clausulas administrativas SAF (301 kB)
- Prego de clausulas administrativas SAF (301 kB)
- Prego de clausulas administrativas SAF (301 kB)
- comite expertos (55 kB)
- comite expertos (55 kB)
- comite expertos (55 kB)
- nomeamento comite - renuncia (137 kB)
- nomeamento comite - renuncia (137 kB)
- nomeamento comite - renuncia (137 kB)
- acta sobres c (147 kB)
- acta sobres c (147 kB)
- acta sobres c (147 kB)
- acta sobres b (87 kB)
- acta sobres b (87 kB)
- Prego de clausulas administrativas SAD.doc (423 kB)
- Prego de clausulas administrativas SAD.doc (423 kB)
- Prego de clausulas administrativas (320 kB)
- Prego de clausulas administrativas SAD.doc (423 kB)
- Prego de clausulas administrativas SAF (301 kB)
- comite expertos (55 kB)
- nomeamento comite - renuncia (137 kB)
- acta sobres c (147 kB)
- acta sobres b (87 kB)
- Prego condicións técnicas (147 kB)
- Prego condicións técnicas (147 kB)
- Prego condicións técnicas (147 kB)
- Prego de clausulas administrativas (320 kB)
- Prego de clausulas administrativas (320 kB)
- Prego de clausulas administrativas (320 kB)
- Prego de clausulas administrativas SAD.doc (423 kB)
- acta sobres b (87 kB)