Pechada con éxito fai uns días a III Ruta de Tapas de Boqueixón, toca o momento dos recoñecementos e das felicitacións, con éste motivo, na tarde de onte fíxose entrega dos premios ós clientes gañadores do sorteo da III Ruta de Tapas de Boqueixón e tamén se recoñeceu a labor dos hosteleiros cuxas tapas resultaron gañadoras no concurso á mellor tapa.
O xurado popular, é decir, a clientela que percorreu a Ruta das Tapas, declarou como Mellor Tapa de Boqueixón 2014 a “Virutilla de ibérico sobre cama panadeira con cesto de filloa recheo de castaña e sorbete de limón” preparada pola Cervexería O Vikingo de Lestedo.
O segundo clasificado foi o Café Bar O rincón de Tania coa tapa “Chicharróns con queixo de tetilla” e os terceiros clasificados con empate de puntuacións entre a Casa d`Lenin coa tapa “Pensado no bacallau en Casa Lenin” e o Restaurante O Balado coa tapa “Boletus e ovo das galiñas de Mos”.
O sorteu dunha estanza nunha casa rural con cea para dúas persoas, que agasallou o Concello de Boqueixón, recau en Fina de la Fuente. E os agasallos sorteados polos establecementos hostaleiros foron: o lote de produtos do nadal foi para Nieves Varela; a tablet para Teresa González; a televisión para Roberto Casal e a visita á bodega para Conrado Vigo.