O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, por medio do IMSERSO convoca prazas para pensionistas que desexen participar no programa de termalismo social.
REQUISITOS PARA PODER PARTICIPAR:
1. Ser pensionista da Seguridade Social por xubilación ou invalidez, os pensionistas de viuvedade e outras pensións deberán ter cumpridos os 60 anos. Tamén poderán participar os cónxuxes.
2. Non padecer trastornos mentais graves nin enfermidade infecto-contaxiosa e valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria.
3. Precisar os tratamentos termais solicitados e non ter contraindicación médica para a recepción do mesmo.
4. Alcanzar de conformidade coa baremación establecida a puntuación que lle permita acceder á quenda e balneario solicitado.
PRAZOS PARA SOLICITAR:
Para participar nos meses de febreiro a agosto: ata o 16 de xaneiro 2015
Para participar nos meses de setembro a decembro: ata o 18 de maio 2015
SOLICITUDES E MÁIS INFORMACIÓN: DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS
TELÉFONO: 981 51 31 06