OS HOSTALEIROS DE BOQUEIXÓN PECHARON CON ÉXITO A 3ª RUTA DE TAPAS DE BOQUEIXÓN
Os establecementos hostaleiros de Boqueixón pecharon o luns 8 de decembro, cun grande éxito de participación a terceira edición da Ruta de Tapas, na que participaron un total de trece locais da vila.
A cita, que deu comezo o pasado xoves día 4, ofreceu aos seus clientes deliciosas tapas que se poideron degustar por 1,5 euros cada unha en horario de 12.00 a 15.00 horas e de 20.00 a 22.30 horas. Nesta ocasión, os establecementos doarán 0,10 céntimos de cada unha das tapas á Cociña Económica.
O xurado popular, é decir, a clientela que percorreu a Ruta das Tapas, declarou como Mellor Tapa de Boqueixón 2014 a “Virutilla de ibérico sobre cama panadeira con cesto de filloa recheo de castaña e sorbete de limón” preparada pola Cervexería O Vikingo de Lestedo.
O segundo clasificado foi o Café Bar O rincón de Tania online casino coa tapa “Chicharróns con queixo de tetilla” e os terceiros clasificados con empate de puntuacións entre a Casa d`Lenin coa tapa “Pensando no bacallau en Casa Lenin” e o Restaurante O Balado coa tapa “Boletus e ovo das galiñas de Mos”.
O sorteu dunha estanza nunha casa rural con cea para dúas persoas, que agasallou o Concello de Boqueixón, recau en Fina de la Fuente. E os agasallos sorteados polos establecementos hostaleiros foron: o lote de produtos do nadal foi para Nieves Varela; a tablet para Teresa González; a televisión para Roberto Casal e a visita á bodega para Conrado Vigo.