O proxecto “INTERXERA” xurde co obxectivo de recuperar a tradición oral do noso concello a través da recollida de historias contadas polos nosos avós e avoas.
· PARTICIPANTES
o Nenos e nenas de Primaria (5º e 6º) e Ensinanza Secundaria (1º a 4º da ESO).
o Os equipos formaranse por un mínimo de 3 participantes e un máximo de 5.
· DINÁMICA DO CONCURSO
o O concurso consistirá nun traballo de campo previo de recollida de vivencias, anécdotas, historias da xente maior de 60 anos do Concello de Boqueixón.
o Toda a labor de campo será filmada, fotografada, e redactada para posterior edición dun dossier de cada equipo, labor na que serán axudados polos titores do proxecto.
o O premio será adxudicado á mellor historia, á máis orixinal, e á mellor documentación fotográfica e en video das mesmas.
· INSCRICIÓN
1. Prazo: Data límite o 19 de decembro.
2. Onde inscribirse: No Concello de Boqueixón, no mail cultura@lab.mcapps.es, ou no teléfono 981 513 115
3. Inscrición: Nome do equipo e integrantes. Importante deixar un teléfono de contacto.
· VALORACIÓN
O premio adxudicarase por votación dun xurado popular, con coñecementos sobre xornalismo, no cal estará un membro de cada equipo participante. Éste non poderá votar ao seu equipo, tendo que valorar o traballo dos seus compañeiros.
· PREMIO
Consistirá nunha xornada dun día para o grupo gañador con Actividades de Multiaventura: Piragüísmo, Paintball, Tiro con arco, BTT (bicicleta todo terreo), Raid Aventura…
[attachments docid=”5045″]
Adxuntos
- Folla de inscrición (140 kB)
- Folla de inscrición (140 kB)
- Folla de inscrición (140 kB)
- Folla de inscrición (140 kB)