Os alumnos e alumnas de 2º ESO do CPI Antonio Orza Couto comezan o obradoiro “Saber…Drogas” no que recibirán formación sobre os tipos de drogas e as consecuencias do seu abuso, mitos e crenzas, cambio de valores, publicidade, presión grupal, toma de decisións, tempo de lecer…
Asimesmo, o alumnado de 6º de Primaria asistirá durante o mes de novembro ao obradoiro “Saber…habilidades sociais” no que se abordarán contidos como estilos de comportamento, a comunicación interpersoal, resolución de conflitos, decir non, adestramento en habilidades sociais: asertividade, empatía, escoita activa…
Estes obradoiros están organizados polo Servizo de Prevención de Drogodependencias e condutas adictivas de Boqueixón, Teo e Touro, coa colaboración da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
- Categoría (s): Boqueixon
- Publicada o
OBRADOIROS DE HABILIDADES SOCIAIS E DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS PARA ALUMNOS DO CPI
Comparte esta nova:
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email
Imprimir