PROGRAMA EMPREGAT`2.0
Os concellos de O Pino, Frades, Vedra e Boqueixón inician de forma agrupada un programa integrado para o emprego que subvenciona a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, e do que se benificiarán 60 persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
A iniciativa iníciase o 1 de outubro de 2014 e finalizará o 31 de xullo de 2015
Trátase dunha medida activa de emprego dirixida a mellorar a ocupacionalidade e a inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego mediante a posta en marcha de accións de diversa natureza tales como información, orientación e asesoramento, formación, intermediación laboral, prácticas e inserción, organizadas en itinerarios individuais e grupais, e distribuídas en accións formativas trasversais e especializadas. Tamén, se ofrecen competencias útiles como é a elaboración do curriculum, alfabetización informática, redes sociais, etc.
O programa contará coa creación dunha plataforma virtual o que permite adaptar ós participantes, empresas, formadores técnicos a interactuar e compartir información dun modo próximo e inmediato.
Os participantes forman parte dalgún destes colectivos: persoas con discapacidade, mulleres, persoas desempregadas menores de 30, persoas desempregadas sen formación, persoas desempregadas de longa duración, e persoas desempregadas perceptoras de prestacións ou subsidios por desemprego (50% dos participantes no programa deberán ser perceptores).
As entidades beneficiarias comprométense a:
a) Acreditar a participación en, cando menos 3 seccións individuais e outras 2 accións de distinta natureza, das previstas no proxecto.
b) Acadar unha inserción laboral das persoas participantes, cando menos, do 40%.
Máis información en: programas-integrados.traballo.santiago@xunta.es ou teléfonos 981545945-881957764
Concello de Boqueixón: 981513061 Concello de O Pino: 981511002
Concello de Frades: 981695567 Concello de Vedra: 981814692
Dpto de formación e emprego do Concello de Boqueixón, teléfono: 981513061, correo electrónico: emprego@lab.mcapps.es
Adxuntos
- PROGRAMA EMPREGAT`2.0 (15 kB)
- PROGRAMA EMPREGAT`2.0 (15 kB)
- PROGRAMA EMPREGAT`2.0 (15 kB)
- PROGRAMA EMPREGAT`2.0 (15 kB)