TARXETA DE TRANSPORTE METROPOLITANO
O Concello de Boqueixón está adherido ao Plan de Transporte Metropolitano da Xunta de Galicia. Este Plan ten como obxectivo fundamental mellorar a mobilidade e accesibilidade no contorno de todas as áreas metropolitanas e, polo tanto, que os cidadáns dispoñan dun mellor servizo de transporte público colectivo que sexa unha alternativa competitiva e eficiente ao transporte privado.
Para iso existe unha Tarxeta de Transporte Metropolitano que aporta grandes vantaxes ás persoas usuarias. Esta tarxeta obtense nas oficinas de ABanca e será aceptada por todas as empresas de transporte público, permitindo o establecemento de bonificacións por recorrencia ó mesmo tempo que a bonificación do transbordo. O resultado é unha mellora das condicións económicas nas que viaxa a cidadanía.
O custo dende Boqueixón coa tarxeta é de 0,82 céntimos por cada viaxe . O desconto por recorrencia (máis de 40 viaxes ao mes) é do 15% e será aplicado na seguinte recarga.
+Información : http://tmg.cmati.xunta.es/