“II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: Paisaxes de Boqueixón”
FALLO DO XURADO
Reunido o xurado con data 27 de outubro, de entre as fotografías presentadas ao concurso resultaron gañadoras as que figuran a continuación:
Premios | Título da fotografía | Autor/-a |
1º | Sendeiro nas marxes do río Ulla en Donas | Victoriano García García |
2º | Equin-Ocio (Gastrar) | Javier Otero Rey |
3º | DESERTO | DESERTO |
_________________________________________________________________________________________________________
II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “Paisaxes de Boqueixón”
Autora: Eva Pérez Cardama
O concello de Boqueixón convoca a 2ª edición do Concurso de Fotografía “Paisaxes de
Boqueixón”, coa finalidade de fomentar a creatividade e dar a coñecer ao público en
xeral a diversidade e riqueza histórica, cultural, etnográfica e paisaxística do concello.
Bases:
1. Participantes e número de fotografías
Poderán participar no concurso calquera persoa empadroada no concello de
Boqueixón. Cada participante poderá presentar ata un máximo de tres
fotografías.
2. Temática
As fotografías versarán sobre aspectos que reflicten a riqueza histórica,
cultural, etnográfica e paisaxística do noso concello, debendo estar tomadas,
polo tanto, dentro do territorio do concello de Boqueixón.
3. Premios
Entre as fotografías presentadas seleccionaranse doce, e destas, elixiranse as
tres gañadoras do concurso. Os premios consistirán en:
PRIMEIRO PREMIO: DVD PORTÁTIL
SEGUNDO PREMIO: MARCO DE FOTOS DIXITAL
TERCEIRO PREMIO: CASCOS DE MÚSICA
As doce fotografías seleccionadas pasarán a ser propiedade do concello de
Boqueixón, que se reservará todos os dereitos para o seu emprego,
reprodución, e difusión, facendo mención da súa autoría. Estas obras serán
publicadas no calendario do 2015 que edita o concello.
4. Forma de presentación e prazo
1. As fotografías presentaranse en papel fotográfico sen ningún tipo de
soporte, en branco e negro ou en cor e cun tamaño 24 x 33 cm. (apaisado).
2. Cada fotografía presentarase en sobre pechado e ao dorso de cada
fotografía farase constar o título da obra, o nome completo do seu autor/-
a e o nome do lugar onde foi tomada. Dentro do mesmo sobre e en folla
aparte, farase constar o título da fotografía, nome e apelidos do autor/-a,
data de nacemento, enderezo e teléfono. O autor/-a das fotografías asume
calquera responsabilidade derivada da aparición de persoas recoñecibles na
mesma.
3. O prazo de presentación dos traballos remata o 22 de outubro de 2014.
4. As obras poderán presentarse:
1. En persoa na biblioteca municipal do concello (Casa do concello.- Forte,
s/n, 15881-Boqueixón), en horario de 09:00 a 14:30 h.
2. Por correo ordinario (non se admiten traballos enviados por fax nin
correo electrónico) no mesmo enderezo.
5. Xurado, fallo e entrega de premios
Un xurado determinado polo concello de Boqueixón revisará as fotografías e
fará público o seu fallo o día 28 de outubro, a través do taboleiro de anuncios
do concello, da páxina web (lab.mcapps.es) e individualmente aos doce
autores/-as seleccionados e aos tres premiados/-as. Este fallo será inapelable.
Os premios recolleranse na casa do concello na primeira semana do mes de
novembro, á vez que os doce seleccionados/-as deberán entregar ao concello a
fotografía en soporte dixital, en calquera formato e cunha calidade non inferior
a 5 megapíxeles.
6. Devolución dos traballos non seleccionados
As fotografías non seleccionadas poderán recollerse durante o mes de
decembro na biblioteca municipal. Transcorrido este período, o concello
poderá dispoñer delas libremente, sen que se lle poda esixir responsabilidade
algunha.
7. Aceptación das bases
A organización reservase a facultade de resolver calquera continxencia non
prevista nas bases. A concorrencia a este concurso implica a aceptación das
presentes bases.