O Concello de Boqueixón organiza o 21 de xuño o Roteiro do Río Grande e dos Pescadores. Un roteiro de 9.600 km aprox. saíndo ás 10:00h. e con chegada aprox. á 13:00h.
O punto de partida é a Capela de San Paio, enclave natural e arquitectónico de impresionante beleza, onde se pode desfrutar do río Pontillón que desembocará máis adiante no Ulla e dunha fervenza de 7m. de altura.
Tras algún tramo de estrada enlazaremos co roteiro dos Pescadores, tramo de Rede Natura do río Ulla. É unha fermosa senda propia dos pescadores cunhas vistas de gran beleza e cun conxunto etnográfico importante. Visitaremos a Igrexa de Sta. Mariña, a Ponte Vella de Ledesma, as Ínsuas de Gres, etc.
“GOZA DO ULLA” trátase dun programa de sendeirismo no que actualmente participan 19 concellos bañados polo río Ulla : Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Santiso, Agolada, Arzúa, Vila de Cruces, Silleda, Touro, Boqueixón, A Estrada, Vedra, Teo, Padrón, Pontecesures, Valga, Catoira, Dodro e Rianxo, que pretende dar a coñecer, a través de roteiros de sendeirismo a realizar en cada un destes concellos, o valioso patrimonio natural, cultural, arqueolóxico e paisaxístico dos territorios citados.