BASE PRIMEIRA.- OBXECTO DA CONVOCATORIA
Ten obxecto de cubrir, como persoal laboral temporal dúas prazas de peóns de albanel. A modalidade contractual será a dun contrato baixo a modalidade de obra ou servizo a tempo completo.
BASE SEGUNDA.- DURACIÓN DO CONTRATO
A duración do contrato será de 2 meses dende o 1 de xullo ata 31 de agosto de 2014, non prorrogable. A xornada laboral é a tempo completo e axustada ás necesidades do servizo.
BASE TERCEIRA.- REQUISITOS
Para a admisión dos aspirantes será necesario cumprir os seguintes requisitos xerais:
a) Ser español ou nacional doutro Estado, estes últimos, de acordo co disposto no artigo 57 do EBEP.
b) Idade: ter cumpridos dezaseis anos de idade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
c) Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.
d) Habilitación: non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das
comunidades autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial. No suposto de ser nacional doutro
Estado, non atoparse inhabilitado ou en situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmo termos, o acceso ó emprego público.
f) Estar desempregado e inscrito na Oficina Pública de Emprego (copia compulsada da tarxeta de desemprego da Oficina Pública de Emprego).
Toda a documentación presentada debe acreditarse con orixinais ou copias compulsadas.
BASE CUARTA.-
– O Concello de Boqueixón procederá á publicación do anuncio de contratación na páxina Web do Concello de Boqueixón lab.mcapps.es, con data do 12 de xuño de 2014 para a presentación das instancias e documentación xustificativa.
– Os candidatos disporán de 5 días hábiles, contados a partir do mesmo día da publicación na citada páxina, para a presentación de solicitudes no rexistro xeral sito na Casa do Concello de Boqueixón, en horario de 9 a 14 horas. Rematando o prazo o día 17 de xuño de 2014 ás 14:00 horas.
Para dúbidas os/as aspirantes poderán chamar ó 981513061.
BASE QUINTA.- Expirado o prazo de presentación de instancias, o alcalde ditará resolución na que se declare aprobada a lista de admitidos e excluídos.
BASE SEXTA: COMISIÓN SELECCIONADORA.
A comisión seleccionadora:
Presidente: José María Souto Temes – Encargado de obras do Concello de Boqueixón. Suplente: Ana Anta Fernández, Traballadora Social do Concello de Boqueixón.
Secretaria: Elena Súarez Rodríguez, Secretaria-Interventora do Concello de Boqueixón. Suplente: Juan Manuel Corral Sánchez, Administrativo do Concello de Boqueixón.
Vogais:
1 María Victoria Negrín Blanco – Técnico de formación ocupacional do Concello de Boqueixón. Suplente: Pilar Pazos Santasmarinas, auxiliar administrativo do Concello de Boqueixón.
2 Rosario Iglesias Iglesias, Psicóloga do Concello de Boqueixón. Suplente: Rosario Canabal Vázquez, Administrativa do Concello de Boqueixón.
3 Anselmo Caeiro Villar Administrativo do Concello de Boqueixón. Suplente: Juan Freiría Brey, Técnico de Urbanismo do Concello de Boqueixón.
– O proceso de selección consiste nunha primeria fase na que se realizará unha proba escrita relacionada coas funcións propias da praza e nunha segunda fase na que se realizará unha entrevista persoal dirixida a determinar a adaptablidade e o interese polo posto de traballo.
Polo que, a comisión reunirase para a realización da proba escrita que se fixe e a entrevista persoal (quedando os/as 2 candidatos/as de maior puntuación como titulares e o resto coma suplentes) e proporá o Sr. Alcalde a súa contratación.
As actuacións da comisión seleccionadora serán recurribles conforme o establecemento na Lei 30/1992 do Réxime Xurídico e Procedemento Administrativo Común.
BASE SÉTIMA.- REALIZACIÓN DE PROBA E ENTREVISTA
Primeira fase:
1. A proba escrita consistirá na realización dun exercicio relacionado cos cometidos propios da praza de peón de albanel. Para superar esta proba será necesario acadar polo menos 10 puntos. Sendo a puntuación máxima de 20 puntos.
2. As funcións da praza serán, entre outras, as que seguen:
Canalización de tuberías, escavación en zanxa, recheo compactado, instalación dunha fosa séptica, transporte de sobrantes a vertedorio, reposición de pavimento, etc.
Segunda fase:
Realizarase unha entrevista persoal entre os/as candidatos/as que superasen a primeira fase. Esta fase terá unha valoración máxima de 5 puntos.
BASE OITAVA. PRAZOS DE REALIZACIÓN DAS PROBAS
– A data, lugar e horario para a realización da proba escrita: o 24 de xuño de 2014 realización da proba escrita, no Salón de Plenos da Casa do Concello de Boqueixón ás 09:30 horas.
– A data, lugar e horario para a realización da entrevista persoal: o 24 de xuño de 2014 realización da proba escrita, no Salón de Plenos da Casa do Concello de Boqueixón ás 11:00 horas.
BASE NOVENA.
Rematada a selección, a Comisión seleccionadora publicará no taboleiro de anuncios do Concello os nomes dos/as participantes titulares dos postos seleccionados/as coa súa puntuación, e o nome dos/as candidatos/as suplentes que terá vixencia mentres se manteñan as CIRCUNSTANCIAS QUE DERON LUGAR A ESTA CONVOCATORIA.
BASE DÉCIMA. PROPOSTA DE CONTRATACIÓN
Unha vez rematado o proceso de selección, a proposta da Comisión de Selección será elevada ó alcalde para que formule a contratación da persoa que obteña a mellor puntuación, en número que non supere a das prazas obxecto da convocatoria.
Os/As candidatos/as seleccionados/as presentarán copia do DNI, cartilla da Seguridade Social e Tarxeta de Demandante de Emprego.
A formalización do contrato realizarase conforme o previsto na lexislación vixente.
BASE UNDÉCIMA. A Comisión Seleccionadora queda autorizada para resolver as dúbidas que se presenten, para adoptar os acordos necesarios para o bo funcionamento do proceso de selección e en todo o non previsto nestas bases, facendo constar na acta correspondente os acordos adoptados
[attachments docid=”4424″]
Adxuntos
- Instancia albanel (12 kB)
- Instancia albanel (12 kB)
- Instancia albanel (12 kB)
- Instancia albanel (12 kB)