O 30 de maio, ás 18:00 horas, na Casa da Cultura de Camporrapado
Os Bolechas e o Sabichón é un espectáculo de monicreques manipulados por actores á vista onde se simulará un concurso. Este enfrontará a Braulio e a Loli, que solicitarán a participación e a complicidade do público para vencer.
Mediante esta estratexia, poténciase a identificación dos nenos e nenas asistentes cos seus protagonistas, que son un referente positivo estreitamente asociado ao galego, pois Os Bolechas falan sempre a nosa lingua: nos libros, nos programas de televisión e nos espectáculos coma este.
+ información