ORDE do 25 de abril de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, das subvencións para o financiamento das bolsas ás persoas novas que realizan prácticas non laborais en empresas da CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR.
Obxecto: convocatoria pública das subvencións para o financiamento ás empresas das bolsas dos mozos e mozas que realizan prácticas non laborais nestas empresas.
Entidades beneficiarias: as empresas con centro de traballo en Galicia que, logo da sinatura dun convenio de prácticas non laborais co Servizo Público de Emprego de Galicia no marco do Real decreto 1543/2011, do 31 de outubro, subscriban acordos con mozos e mozas para a realización de prácticas non laborais
Requisitos das prácticas non laborais:
→ As empresas ou grupos empresariais, en colaboración cos servizos públicos de Emprego e no marco da responsabilidade social empresarial, poderán subscribir acordos con persoas novasco obxecto de realizar prácticas de carácter non laboral nos seus centros de traballo.
→ As prácticas non laborais realizaranse en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, e non suporán a existencia de relación laboral entre a empresa e a persoa nova. Terán unha duración mínima de catro horas diarias.
→ As prácticas desenvolveranse en centros de traballo da empresa ou do grupo empresarial, baixo a dirección e supervisión dun titor e terán unha duración de entre seis e nove meses. Á finalización das prácticas entregarase un certificado.
→ As empresas ou grupos empresariais en que se desenvolvan as prácticas aboarán ás persoas novas participantes unha bolsa de apoio cuxa contía será, como mínimo:
• 80 por cento do IPREM mensual vixente en cada momento cando as prácticas teñan unha duración de catro horas diarias.
• 100 por cento do IPREM mensual vixente en cada momento cando as prácticas duren máis de catro horas diarias.
→ Quedan excluídas do ámbito de aplicación desta orde as prácticas académicas externas, curriculares e extracurriculares, das persoas estudantes universitarias, que se rexerán pola súa normativa específica.
Solicitudes e prazos: presentarase preferentemente por vía electrónica, a través da Sede eletrónica: http://sede.xunta.es. O prazo para a presentación das solicitudes de axudas comezará ao día seguinte da publicación da presente orde e rematará o 15 de novembro de 2014.
+ INFO: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140428/AnuncioCA05-220414-0002_gl.pdf