O Servizo de Voluntariado Xuvenil está destinado á mocidade de entre 16 e 30 anos.
Levarase a cabo durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.
O servizo de voluntariado terá unha duracción comprendida entre 15 e 60 días.
As actividades que se levarán a cabo serán as seguintes:
– Apoio aos monitores/ras do Verán activo ( programa lúdico -educativo)
– Apoio aos monitores/ras da ocioteca de Camporrapado
– Apoio aos monitores/ras das actividades deportivas
– Apoio aos monitores/ras das actividades xuvenís ( campamentos, intercambios, escola de verán)
Os/as voluntarios/as reciben unha compensación de 6€/día para cubrir os gastos de transporte e manutención e estarán cubertos polo seu respectivo seguro.
Benefícios para as/os voluntarias/os:
As/os voluntarias/os adquirirán experiencia no ámbito da educación sociocultural, educación non formal e á dinamización xuvenil.
Ao finalizar a súa colaboración a/o voluntario/a recibirá da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado un certificado que acreditará a súa participación.
PARA MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS 981513115 / facebook
O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NESTE PROGRAMA REMATA O 31 DE MARZO.