MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA E DEPORTE – BOE, 17 DE MARZO
Resolución de 12 de marzo de 2014, da Secretaría de Estado de Cultura, pola que se convocan 16 bolsas «Culturex» de formación práctica en xestión cultural para mozos españois no exterior, en institucións culturais, oficinas comerciais e en embaixadas e consulados de España, correspondentes ó ano 2014.
Modalidad A: Bolsas Culturex con destino en institucións culturais de excelencia no exterior: 9 bolsas.
Modalidad B: Bolsas Culturex con destino en embaixadas e consulados de España no exterior: 4 becas
Modalidad C: Bolsas Culturex con destino en Oficinas Económicas e Comerciais de España no exterior: 3 becas.
REQUISITOS:
a) Ter a nacionalidade española e non ter superado os 35 anos de idade.
b) Estar en posesión da titulación académica oficial de Licenciatura ou Grao.
c) Estar en posesión dunha titulación de posgrao en xestión cultural e/ou ámbitos afíns.
d) Posuír o Nivel equivalente ou superior ó B2 do Marco Común Europeo de Referencia, en adiante MCER para linguas, no idioma oficial do destino solicitado. Nos destinos de fala non inglesa posuír ademais o Nivel equivalente ou superior ó B1 do MCER para linguas, do idioma inglés.
e) Non ter sido beneficiario/a dunha beca dos programas Culturex e/ou Bolsas FormARTE de formación e especialización en materias da competencia das institucións dependentes do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, en anteriores convocatorias.
SOLICITUDES E PRAZOS:
As solicitudes deberán presentarse preferentemente por vía electrónica, a través da Sede Electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte http://sede.mcu.gob.es/SedeElectronica no apartado «Trámites e Procedimentos»
O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles a partir do día seguinte á publicación da presente Resolución no BOE.
+ INFO: http://www.boe.es/boe/dias/2014/03/17/pdfs/BOE-A-2014-2843.pdf
MINISTERIO DE SANIDADE, SS.SS E IGUALDADE- BOE, 20 DE MARZO
Resolución de 13 de marzo de 2014, da Axencia Española de Medicamentos e Productos Sanitarios, pola que se aproba a convocatoria de 12 bolsas de formación da Axencia.
Formación relacionada coa avaliación e investigación clínica de medicamentos de uso humano, coa avaliación e investigación clínica de medicamentos de uso veterinario, requisitos técnicos, sanitarios e normativos que reunirán as instalacións de investigación e produción farmacéutica, procedimentos, avaliación e investigación clínica de tódalas categorías de produtos sanitarios, actividade administrativa e cidadáns dun Organismo da Administración Xeral do Estado.
REQUISITOS
Posesión do título de licenciado, o de grao no seu caso, esixido para cada tipo de bolsa.
O prazo de presentación de solicitudes finalizará ós vinte días naturais, contados a partir do seguinte á publicación no «BOE» da presente Resolución.
+ INFO: http://www.boe.es/boe/dias/2014/03/20/pdfs/BOE-A-2014-2979.pdf