Segundo a Orde do 11 de marzo de 2014 publicada no DOGA núm. 52 do 17 de
marzo de 2014 regúlanse prestacións económicas de pagamento único por
fillos/as menores de tres anos, para o ano 2014
BENEFICIARIOS:
Aquelas persoas que teñan ó seu cargo fillos/as menores de tres anos á data 1 de
xaneiro de 2014 (nacidos entre o 02/01/2011 e o 01/01/2014 inclusives) e que,
durante o ano 2012, nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen
obrigadas a presentar a declaración do IRPF correspondente a ese período, nin a
tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.
REQUISITOS:
– Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual na Comunidade Autónoma
Galega.
– Que na data da solicitude os/as nenos/as convivan coa persoa solicitante.
A prestación consistirá nun pagamento único de 360 € por cada un dos/as
fillos/as, menores de tres anos, sen que o/a mesmo/a fillo/a poida dar lugar a
máis dunha prestación en virtude desta convocatoria.
PRAZO PARA SOLICITAR: Ata o 26 de abril de 2014
PARA MÁIS INFORMACIÓN E SOLICITUDES: poden chamar ó teléfono
de Servizos Sociais 981 51 31 06