RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2014, da Dirección Xeral de Emprego e Formación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación da CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR ( DOG. Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 2014)
OBXECTO: Convocar probas de avaliación en competencias clave para o acceso ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional da formación profesional para o emprego no ámbito da comunidade Autónoma de Galicia.
Así mesmo, establecer as posibles exencións ás probas e validacións das distintas competencias clave. Así como consideracións sobre a expedición de certificados de profesionalidade. Comptencias clave que se convocan:
Comunicación en lingua galega, comunicación en lingua castelá, comunicación en lingua estranxeira (inglés), competencia matemática.
No anexo IV desta resolución especifícanse as competencias clave requiridas para acceder aos certificados de profesionalidade por familias profesionais
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES E PRAZO
√ A participación nestas probas deberá formalizarse presentando solicitude segundo o modelo que se establece no anexo I desta resolución
√ O prazo para presentala é a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 10 de abril de 2014.
√ Poderán presentarse preferiblemente por vía electrónica ou por calquera outro medio válido en dereito.
REALIZACIÓN DAS PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE
O lugar e datas das probas de avaliación en competencias clave serán expostos na páxina web e nos taboleiros de anuncios dos servizos centrais e das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar. O calendario da convocatoria inclúese no anexo II desta resolución.
+ INFO: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140312/AnuncioG0164-050314-0005_gl.pdf