Orde do 27 de febreiro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras de 20 bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ó Programa 2014 da Consellería de Cultura, Educación e OU. – DOG, 12 de marzo de 2014.
REQUISITOS:
1. Ter licenciatura universitaria ou equivalente, segundo o Espazo Europeo de Educación Superior, cunha configuración curricular (expediente académico) na que predomine a formación en Historia e/ou Arquivística.
2. Ter acreditado dominio da lingua galega a nivel iniciación mediante título oficial.
3. Non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda durante o período de duración das reguladas por medio desta orde.
IMPORTE: O importe bruto mensual de cada bolsa será de oitocentos noventa e cinco euros con cinco céntimos (895.05 €).
O NÚMERO DE PRAZAS CONVOCADAS será de vinte (20), que se adxudicarán de acordo co baremo indicado no artigo 5 desta convocatoria.
DURACIÓN: As bolsas terán unha duración máxima de seis meses (6), contados a partir da data de incorporación que estableza a Secretaría Xeral de Cultura, de acordo co centro de destino. As bolsas poderán ser prorrogables automaticamente ata outros seis meses (6) en función da existencia de crédito suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2015.
PRAZO:
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no DOG.
+ INFO: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140312/AnuncioG0164-050314-0005_gl.pdf