18 BOLSAS PARA FACER UN TRABALLO DE INVESTIGACIÓN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Convocatoria e a concesión de 18 bolsas en réxime de publicidade, obxectividade e concurrencia competitiva, destinadas a titulados universitarios que pretendan facer un traballo de investigación no período 2014-2015 da DEPUTACIÓN DA CORUÑA – BOP DA CORUÑA, 3 DE MARZO
ÁREAS: Área de ciencias sociais e xurídicas 3 bolsas, área de ciencias 4 bolsas, área de ciencias da saúde 4 bolsas, área de enxeñeria e arquitectura 2 bolsas e área de artes e humanidades 5 bolsas
REQUISITOS DOS SOLICITANTES:
1. Posuír titulación universitaria (licenciado, diplomado, grao ou equivalente) recoñecida oficialmente.
2. Acreditar, como mínimo, un ano de residencia en calquera concello da provincia da Coruña, mediante a presentación dun certificado/volante de empadroamento.
3. Non superar os umbrais de renda que se establecen a continuación…
4. Non ser titular, no momento no que se produza a adxudicación da bolsa e durante a duración desta, de ningunha outra bolsa de investigación para o mesmo período, aínda que a investigación sexa diferente.
DOCUMENTACIÓN E PRAZO: As solicitudes presentaranse no modelo normalizado que pode obterse na web www.dicoruna.es e o prazo extenderase ata o día 31 de marzo de 2014.
+INFO: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2014/03/03/2014_0000002266.pdf
18 BOLSAS DESTINADAS A FINANCIAR OS GASTOS DERIVADOS DA REALIZACIÓN DE ESTUDOS ARTÍSTICOS FÓRA DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA
Convocatoria de 18 bolsas en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, destinadas a financiar os gastos derivados da realización de estudos artísticos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia durante o período 2014-2015 da DEPUTACIÓN DA CORUÑA – BOP DA CORUÑA, 3 DE MARZO
AREAS: Área de artes plásticas 3 bolsas, área de danza 2 bolsas, área de interpretación 4 bolsas, área de música 6 bolsas e área de imaxe 3 bolsas.
REQUISITOS DOS SOLICITANTES:
1. Ter nacido a partir do 1 de xaneiro de 1984 (incluído este), salvo os titulares da bolsa na convocatoria anterior, que poderán ter nacido a partir do 1 de xaneiro de 1983.
2. Acreditar a residencia en calquera concello da provincia da Coruña, mediante a presentación do correspondente certificado/volante de empadroamento, cunha antigüidade de, polo menos, un ano antes da data da publicación no B.O.P. da convocatoria.
3. Non superar os umbrais de renda que se establecen a continuación…
4. Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo ou superior nivel á dos estudos para os que se solicita a bolsa.
5. Non ser titular no momento da adxudicación da bolsa e durante a duración desta, de ningunha outra bolsa de estudos para o mesmo período, aínda que os estudos sexan diferentes.
6. Os titulares de bolsa en anteriores convocatorias, non están excluídos de participar nesta, sempre que reúnan todos os requisitos.
DOCUMENTACIÓN E PRAZO: As solicitudes presentaranse no modelo normalizado que pode obterse na web www.dicoruna.es e o prazo estenderase ata o día 31 de marzo de 2014.
+ INFO: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2014/03/03/2014_0000002267.pdf
113 AXUDAS A ESTUDANTES UNIVERSITARIOS PARA ESTADÍAS NALGÚN ESTADO MEMBRO DA UNIÓN EUROPEA, DURANTE O VERÁN DE 2014, CO OBXECTO DE COÑECER A LINGUA DESE PAÍS
Orde do 21 de febreiro de 2014 pola se aproban as bases e se procede á convocatoria de 113 axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea, durante o verán de 2014, co obxecto de coñecer a lingua dese país da CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U. – DOG, 7 DE MARZO
REQUISITOS DOS/DAS SOLICITANTES:
a) Estar matriculado/a no curso 2013/14, como mínimo en 50 créditos, incluído neles o proxecto fin de carreira, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia en estudos conducentes ao título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico, e ter superado no momento da presentación da solicitude 60 créditos na titulación que está a realizar.
b) Ter unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 7,00 puntos, para alumnos/as das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 6,00 puntos, para alumnos/as da rama de Enxeñaría e Arquitectura. A nota media será calculada de acordo cos parámetros reflectidos no protocolo de colaboración subscrito o 27 de xuño de 2011 entre esta consellería e as universidades galegas.
c) O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
SOLICITUDES E PRAZO:
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica http://sede.xunta.es. Para dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou necesidade de máis información, teléfono 012 ou ao correo electrónico 012@xunta.es. Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico orientacion.sug@edu.xunta.es
O prazo é dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no DOG.
+ INFO: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140307/AnuncioG0164-270214-0003_gl.pdf
BOLSAS DE FORMACIÓN PARA PROGRAMAS DE TRABALLO DO CONSELLO DE CONSUMIDORES E USUARIOS
Resolución de 10 de febreiro de 2014, da Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición, pola que se convocan bolsas de formación para o programa de traballo do Consello de Consumidores e Usuarios para o exercicio do MINISTERIO DE SANIDADE, SS.SS E IGUALDADE – BOE, 4 DE MARZO
REQUISITOS:
a) Estar en posesión das titulacións académicas de Licenciado en Dereito, Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais ou Licenciado en Periodismo.
b) Idade non superior a 30 anos.
c) Coñecementos de inglés e outros idiomas de países membros da Unión Europea.
d) Manexo a nivel usuario de bases de datos, Windows, correo electrónico e Internet.
e) A data de finalización dos estudos realizados non poderá ser anterior ó curso académico 2009-2010.
f) Os títulos conseguidos no extranxeiro ou en centros españois non estatais deberán estar convalidados ou recoñecidos previamente á resolución definitiva da convocatoria.
g) Non ter disfrutado anteriormente dunha beca destas características do Instituto Nacional do Consumo.
PRAZO: Os impresos de solicitude poderanse obter na páx. web www.consumo-inc.es e o prazo é de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución de convocatoria no BOE.
+ INFO: http://www.boe.es/boe/dias/2014/03/04/pdfs/BOE-A-2014-2344.pdf