ACTIVIDADES 8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
MARZO DE MULLER:
Con motivo do día Internacional da Muller Traballadora, dende o Centro de
Información á Muller de Boqueixón, un ano máis apostamos pola poboación infantil
como grupo destinatario das nosas accións para a concienciación da igualdade entre
homes e mulleres, por esa razón o vindeiro venres 7 de Marzo, levaranse a cabo as
seguintes actividades na Ocioteca Municipal:
– Conta contos “Tere: de soños e aspiradoras”, versa sobre unha nena que debe
loitar contra os prexuízos do seu pai que se guía por unha ideoloxía machista.
– Taller de pintura e cómic: realización dunhas viñetas que representen a historia
de Tere dende a visión dos nenos e das nenas participantes. O resultado deste
taller artístico expoñerase no centro.