10 BOLSAS INTERNACIONAIS DA DEPUTACIÓN DE OURENSE – BOP DE OURENSE, núm. 47 do 26 DE FEBREIRO
Bases reguladoras da primeira convocatoria do ano 2014 de concurso público para a concesión de 10 bolsas internacionais da Deputación Provincial de Ourense que poderanse desenvolver en empresas da U.E, preferentemente en Reino Unido e Portugal.
REQUISITOS:
√ Posuír titulación universitaria oficial de grao, licenciatura, diplomatura, Enxeñería, Enxeñería Técnica, Arquitectura, Arquitectura Técnica.
√ Posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica: portugués e/ou inglés.
√ Posuír coñecementos de informática a nivel de usuario.
√ Non ter gozado anteriormente dunha bolsa dun programa de Mobilidade Europea para a realización de prácticas laborais no estranxeiro.
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES E PRAZOS
Tramitarase exclusivamente mediante o uso de medios electrónicos, sendo obrigatoria a presentación de solicitudes por vía telemática e o formulario de solicitude só se poderá obter, cubrir, validar e transmitir a través da plataforma web: http://becasinternacionais.depourense.es
O proceso de solicitude farase en dous pasos:
1) Realización e xeración/validación da solicitude.
2) Rexistro telemático da solicitude.
Prazo improrrogable de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no BOP.
31 BOLSAS DE FORMACIÓN EN BIBLIOTECONOMÍA
Orde do 17 de febreiro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan 31 bolsas de formación en biblioteconomía mediante a formación apoiada por titores en diversos centros bibliotecarios da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. – DOG. núm. 39 do 26 DE FEBREIRO de 2014
REQUISITOS:
√ Titulación universitaria de licenciatura ou diplomatura en Biblioteconomía ou Documentación; grao en Información e Documentación; licenciatura ou grao en Historia, Filoloxía ou Humanidades.
√ Non percibir outra bolsa ou contrato remunerado durante o período de duración das reguladas por medio desta orde.
√ Non se beneficiar anteriormente destas mesmas bolsas durante un período superior aos seis (6) meses, nin renunciar a elas sen unha causa de forza maior, ao xuízo da Secretaría Xeral de Cultura, logo de iniciado o período de vixencia.
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES, DOCUMENTACIÓN E PRAZOS:
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado http://sede.xunta.es, e cómpre achegar:
√ Solicitude segundo o modelo que figura como anexo I nesta convocatoria.
√ Copia do DNI ou NIE.
√ Declaración expresa de non ter emprego remunerado nin gozar doutra bolsa ou axuda
√ Copia da certificación académica do expediente coas cualificacións obtidas nas diferentes materias.
√ Copia dos documentos que acrediten os méritos alegados.
√ Declaración responsable.
O prazo de presentación será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia
25 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Convocatoria de 25 bolsas de práctica laboral para persoas con discapacidade nas diferentes liñas de actuación que se desenvolven en Centros dependentes deste organismo Provincial para persoas con discapacidade titulados universitarios e de formación profesional, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA – BOP. Núm. 39 DE PONTEVEDRA, 27 DE FEBREIRO
REQUISITOS:
●Posuír o título que se determina no Anexo I para cada unha das bolsas convocadas na data en que remate o prazo de presentación de instancias.
●Acreditar un grado de discapacidade igual ou superior o 33% durante todo o período de desenvolvemento da bolsa.
●Ter finalizados os estudos obxecto da bolsa con posterioridade ó 1 de xaneiro do 2000.
●Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo por tal non haber estado contratado polos grupos de cotización correspondentes os niveis formativos da titulación esixida ou non haber estado de alta como autónomo, por un período de tempo superior a seis meses en calquera de estes casos.
●Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV nas bolsas de titulados universitarios e de ciclos superiores de formación profesional.
PRAZO:
20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no BOP.
28 BOLSAS PARA A REALIZACIÓN DE LABORES DE INFORMACIÓN TURÍSTICA
Convocatoria de 28 bolsas para a realización de labores de información turística nas oficinas de turismo municipais da provincia de Pontevedra, que se rexerá segundo as seguintes. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA – BOP. Núm. 39 DE PONTEVEDRA, 27 DE FEBREIRO
REQUISITOS:
●Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión
Europea.
●Posuír o título de Graduado ou diplomado en turismo, Técnico Superior en Guía, Información e Asistencias Turísticas ou de Técnico Superior en Información e Comercialización Turísticas, na data en que remate o prazo de presentación de instancias.Non ter cumpridos os 31 anos de idade na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
●Estar empadroado en calquera termo municipal da provincia de Pontevedra con anteriorida de á data da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da provincia.
●Non ter sido beneficiario dunha bolsa remunerada de duración igual ou superior a un ano na deputación de Pontevedra nin nos extinguidos organismos autónomos.
●Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo por tal non ter estado contratado polo grupo 1, 2 ou 3 de cotización, por un período de tempo de duración non superior a 12 meses.
●Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV.
●Estar disposto a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino.
PRAZO: 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no BOP.
42 BOLSAS NO ESTRANXEIRO PARA O 2014
FUNDACIÓN PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA CONDE DE FENOSA
CARACTERÍSTICAS:
30 bolsas predoutorais para a mobilidade internacional, con dúas modalidades:
Modalidade A: ata 25 bolsas para facilitar a mobilidade internacional de doutorandos con vinculación contractual ou bolsa, destinadas a realizar estancias de investigación en centros de excelencia internacionais por un período mínimo de 3 meses e máximo de 6 meses.
Modalidade B: ata 5 bolsas para facilitar a mobilidade internacional de doutorandos sen vinculación contractual ou bolsa, destinadas a realizar estancias de investigación en centros de excelencia internacionais por un período mínimo de 3 meses e máximo de 6 meses.
10 bolsas para a realización de estudos de máster no estranxeiro nos mellores centros académicos e investigadores do mundo por un período máximo de 24 meses.
2 bolsas para apoiar a innovación no sector da automoción en colaboración co CEAGA (Clúster de Empresas da Automoción de Galicia), con dúas modalidades:
Modalidade máster automoción: 1 bolsa para a realización de estudos de máster relacionados coa automoción, nos mellores centros académicos e investigadores do mundo e por un período máximo de 24 meses.
Modalidade investigación automoción: 1 bolsa
REQUISITOS DOS CANDIDATOS:
Nacionalidade española.
Vinculación con Galicia.
Bo expediente académico.
Alta motivación para completar un proxecto claro e de impacto social.
Dominio da lingua de traballo do país de destino.
Ter unha titulación universitaria.
SOLICITUDE E PRAZO:
A solicitude deberá cubrirse directamente a través da web www.fundacionbarrie.org e a finalizará o día 31 marzo de 2014 ás 23.00 horas.
+INFO: na conta de correo becas@fbarrie.org e as bases e formularios de solicitude en: